O PP denuncia a falta de mantemento do polígono das Gándaras

O Partido Popular no Concelllo de Lugo denuncia a falta de mantemento do polígono das Gándaras. O vicevoceiro dos populares, Antonio Ameijide, manifestou que a imaxe que ofrece  nestes momentos esta área industrial é “selvática, coma se se tratase dunha zona abandonada, presentando un estado máis propio dun monte sen propietario que dun polígono industrial de primeira categoría”.

Por este motivo, reclaman que o Goberno local realice un correcto mantemento das zonas verdes e doutras dotacións do polígono. O popular explicou que, neste momento, “a maleza aprópiase das zonas verdes, medianeiras e rotondas da zona industrial, os paseos peonís están prácticamente borrados e hai árbores secas”.

Ameijide tamén reclamou o arranxo do mobiliario xa que “a maleza oculta os bancos, moitos deles rotos e moi deteriorados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com