O PP denuncia as multas por estacionar en paradas de buses da Ponte que están fóra de servizo

O voceiro do PP, Antonio Ameijide explicou que “a alcaldesa esqueceuse de ordenar que se eliminase a sinalización tanto vertical como horizontal de 3 paradas de autobuses, situadas na estrada vella de Santiago e máis dunha parada de taxi en Paseo Álvaro Cunqueiro, que están fóra de servizo dende que se peonalizou a ponte romana”.

Ante esta situación, o Grupo Popular acusa ao goberno socialista de marxinar ao barrio da Ponte con respecto a medidas de transporte, tráfico e educación vial. Ameijide reitera que  “é un sin sentido que as paradas que non se usan estean sinalizadas” cando hai moitas menos liñas de autobus debido a peatonalización da Ponte Romana, que trouxo consigo unha desconexión deste barrio co casco urbano.

 

O concelleiro popular, tamén  lembra aos socialistas que é necesario facer unha proposta global para mellorar a seguridad vial do barrio da Ponte e propone cambios de prioridade en puntos como o cruce da nova ponte dende Rego da Laxe. Esta necesidade dun deseño global de tráfico na zona xurde tralos cambios de tráfico que tiveron lugar por mor da apertura da nova rotonda, que enlaza o barrio coa autovía de Santiago,

Pola parte dos veciños do barrio de A Ponte, hai unha indignación despois do trato que recibiron o pasado sábado durante o descenso do Miño, xa que se sancionaron a todos os vehículos que estaban estacionados nestes espacios malia levar anos en desuso.  Antonio Ameijide indicou que “a alcaldesa non ten disculpa xa que era coñecedora deste problema e deu a súa palabra de que suprimiría esta sinalización para crear preto dunha decena de prazas novas na zona”.

Para finalizar,  o popular enumerou outros puntos conflictivos como o paso de peóns que está situado á altura do cruce do Rego do Espiño, onde xa se rexistraron atropelos por exceso velocidade, suxerindo que se sinalice esta paso con avisos luminosos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com