O PP denuncia o abandono do Parque dos Paxariños de Fontiñas

Os populares explican que “os Paxariños leva moitos anos presentando un estado de “provisionalidade” o que indica que hai unha falta de coidado por parte do goberno local: hai  varandas caídas, muros de pedra sen rematar e un parque infantil e mirador en moi mal estado”.

Para o Grupo do PP resulta sangrante que o PSOE, co seu pasotismo, “contribúa ao deterioro deste parque xa que foron os socialistas quenes presumiron de que esta zona sería un espazo de referencia do medio ambiente lucense”.

Noutra orde de cousas o PP  “solicita que se mellore o mobiliario urbano así como o mantemento da medianera da Avenida de Fontiñas. Esta é unha petición da veciñanza desta zona que tamén utiliza como espazo de descanso e paseos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com