Os populares lamentan “a falta de mantemento e o abandono do Parque Marcos Cela destacando a mala imaxe que ofrece a caseta que hai na entrada á zona verde na rúa de Magoi, está chea de pintadas que se converteu nunha zona onte se acubillan os sen teito ou se celebran botellóns”
Tamén, “reclaman a reparación das varandas que hai no interior deste bosque urbano; a revisión do arborado; reparación dos dous miradores deste entorno , e renovación das travesas da escaleira que comunica os paseos interiores co parque infantil da Avenida de Magoi e a limpeza da fonte do Pilar, tamén sinalan. O deterioro dos camiños e amañar os camiños, “as chuvieiras arrastraron o pavimento e hai zonas en moi mal estado”.
Parque infantil
Con respecto ao parque infantil de Marcos Cela, din que é “urxente a renovación do pavimento de caucho que ten fendas de varios centímetros que supoñen un risco para os cativos que xogan nel.