O Grupo Provincial do PP denuncia o deterioro que sufre o edificio do Hotel Miño, que segue a ser restaurado de forma permanente desde hai dez anos para albergar as instalacións da UNED. Os populares critican a imaxe de abandono que ofrece o inmoble na súa parte externa “cando nin tan sequera chegou a ser inaugurado” e, polo tanto, a día de hoxe non presta o servizo educativo para cuxa finalidade foi obxecto de actuacións.
En concreto, dende o PP explican que o material que recobre a fachada do edificio “está moi danado e mesmo levantado”. A imaxe actual que proxecta esta edificación presenta signos claros da pouca calidade dos traballos realizados na súa restauración, pese a que se destinaron preto de dous millóns de euros públicos a acondicionar o Hotel do Miño como centro asociado da UNED.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular consideran “inadmisible” o aspecto que presenta un inmoble cuxas obras de restauración seguen en marcha “cando nin tan sequera foron abertas as súas portas ao público”.