A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López Silva, tildou hoxe de “deficiente” a xestión que o goberno local está a realizar sobre a concesión do centro de día Antonio Gandoy, unha instalación municipal que nos últimos anos está a ser protagonista negativo, di a popular por todas as trabas que teñen que sortear cada día os empregados para poder atender en condicións aos usuarios deste centro de día. Unha das principais eivas que teñen os traballadores do Antonio Gandoy, segundo denuncia o PP, é non poder usar o ascensor que hai no edificio, porque este centro de día, a pesares de compartir edificio co centro social Maruja Mallo, está illado no seu interior, e so este último ten elevador nas súas instalacións.
Coa situación sanitaria actual, víronse na obriga de empregar a planta superior do centro para os usuarios, e nesta planta situouse a sala de illamento que teñen a obriga de ter nas instalacións para o caso de que algún usuario ou traballador presente síntomas compatibles coa Covid. O problema neste caso é que os usuarios, xente de avanzada idade, en moitas ocasións están en cadeira de rodas ou non teñen capacidade de subir as escaleiras, para chegar á sala de illamento.
Nov 29, 2020 - 01:25 AM
Xa van facer un novo. (Ironía.