A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Ana López Pombo acusa ao goberno local de” desincentivar a compra na Praza de Abastos”.“O máximo expoñente da despreocupación dos socialistas por estas instalacións apréciase na imaxe que presentan os seus aseos”, destaca a edil popular, quen se pregunta “de que serve que se acometa un investimento de varios millóns de euros de fondos públicos se despois se priva a vendedores e compradores de algo tan sinxelo e obrigatorio como uns baños nunhas mínimas condicións”. Nesa liña, a popular afonda en que “xa non estamos a falar simplemente dunha cuestión de imaxe (que tamén), senón dunha situación de hixiene e saúde públicas”, dado que “se a hixiene é sempre fundamental, máis o é en persoas que están en contacto directo con produtos alimenticios”.
López Pombo incidiu en que esta mesma mañá “a maioría das cabinas estaban pechadas a cal e canto con carteis de fóra de servizo, mentres que as que se atopaban abertas presentaban unhas condicións que nin son dignas nin admisibles, con suciedade, secadores de mans en estado precario e cos cables ao aire, tapas e cisternas rotas fóra do seu lugar, ausencia dalgunha tapa de rexistro… e mesmo un enchufe coa metade aberta e tamén cos cables á vista. Queremos supoñer que non terá corrente, porque do contrario o risco é manifesto e máis aínda cando á está ao alcance de calquera”, puntualiza.
Así mesmo, lembra que “non se trata dunha situación nova senón que se vén repetindo ao longo dos últimos anos, sen que nin o goberno local anterior nin o actual foran quen de dar resposta”. “