Segundo o portavoz do PP na Deputación “ o proxecto de presupostos xerais do Estado dado acoñecer polo Goberno confirma que se mantén a marxinación na que Pedro Sánchez e os seus aliados teñen á provincia de Lugo en todas as frontes, pero moi sinaladamenteen materia de infraestruturas. Coñecido o proxecto de grandes contas”. Javier Castiñeira, está convencido de que “os feitos demostran que obipartito tentou tomarnos o pelo no pasado pleno da Deputación coa súa proposta de dar pulo a autoestrada A-56, Lugo-Ourense”,
Castiñeira cre que o Goberno presidido por Pedro Sánchez “deixou en absoluto ridículo ao goberno bipartito da Deputación; a súa proposta de dar pulo, como lles gusta dicir aos nacionalistas, á A-56, que dicían estaba abandonada e ao intercambiador, foi totalmente ninguneado por Pedro Sánchez”. Explican os populares: “Polo contrario a aposta foi pola A-54; hai que recordar que no propio pleno provincial denegaron a emenda do PP para impulsar as tres autovías: A-54, A-56 e A-74 (A Mariña). As autovías Lugo-Ourense e a da Mariña quedan practicamente fora destes orzamentos, cando están nun punto de avance administrativo moi alto, especialmente o tramo I de Barreiros a Foz, no que xa no 2018 se avanzara na xestión das expropiacións e nas sondaxes xeotécnicas”.
O voceiro popular sinala que “a falta de compromiso coas infraestruturas mariñáns debilita a argumentación pola aposta polo aluminio primario na Mariña”. O portavoz popular di que “PSOE e BNG demostran ter moi pouco peso de decisión sobre o Goberno de Pedro Sánchez, que prefire investir noutras zonas do país os impostos que tamén pagamos os máis de 330.000 lugueses”.
Foto:pixabay
Out 31, 2020 - 12:26 PM
Sempre teñen que ter, a última palabra.
E cando estaban eles? Non se lembran
Out 30, 2020 - 03:33 PM
Cada día una cosita mediática del PP de Lugo. Un no parar, oiga.