O PP denuncia que é imposible acceder a explotacións agrícolas polo deplorable estado das pistas

O Concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Manuel López, denuncia o mal estado no que se atopan as pistas do rural da provincia que dan acceso a fincas de cultivo ou de pastoreo. O popular mostra o exemplo da parroquia de San Pedro de Mera, onde segundo explica “ata os tractores teñen dificultades para pasar polos socavóns dos camiños”.

Ante esta situación, Manuel pide unha solución urxente aos socialistas declarándoos culpables da situación das pistas e recriminándolles tratar “como cidadáns de segunda aos veciños do rural”.Ademais ironiza coa preocupación do PSOE por recuperar o pulso do rural cando “non é capaz nin de manter as pistas que a administración local acondicionou hai uns anos”.

 

Con esta denuncia, o PP mostra a necesidade de arranxar as pistas, xa que a súa situación dificulta os traballos da campaña de verán, matizando que “non é un traballo complicado, non hai que asfaltar o único que reclaman os veciños é poder acceder as súas propiedades e, para iso, só se precisa botar una capa de pedra que facilite o tránsito, tanto de maquinaria como de gando, polos camiños afectados”.

Por último o edil, tilda a situación como unha inxustiza para os veciños do rural, reiterando a nula empatía dos socialistas coa xente do campo, xa que “resolver este problema depende máis da vontade política que de grandes investimentos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com