O PP denuncia que Lugo triplica para o vindeiro pleno o que vai pagar con reparo de legalidade

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, ve como “unha tomadura de pelo” que Lara Méndez leve ao pleno da próxima semana un novo recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 1.744.437,24€, dun total de 20 facturas. Deste total, so unha factura, por importe de 40.456,66€, non ten reparo de legalidade.

Antonio Ameijide explica que nesta ocasión son 20 as facturas que se someterán á aprobación do pleno, nunha nova demostración de “falta de gañas de traballar” por parte da rexedora e do seu equipo porque pensan que con “constantes” recoñecementos extraxudiciais de crédito e asinando reparos de legalidade todos os meses se solucionan os problemas. A única vía para solucionar este problema “é poñerse o mono de traballo e sacar adiante os pliegos de contratación” para os 22 servizos co contrato caducado ou sen contrato que hai no Concello de Lugo.

O voceiro popular lamenta a “ineficacia e inoperancia” do goberno socialista que xa ten o Concello acostumado “aos reparos de legalidade e aos servizos sen contrato”. Ameijide lamenta que “pese á insistencia” do interventor que “unha e outra vez” recorda que “este xeito de actuar supón unha quebra do propio concepto de presuposto e dos principios de anualidade” a alcaldesa segue “ao seu” sen escoitar ás recomendacións dos técnicos municipais. Incluso, afirma o popular, o interventor insistiu en reiteradas ocasións “na necesidade de promover o correspondente expediente de licitación para numerosos servizos, especialmente para o de enerxía eléctrica, que agrupa,  periodicamente, centos de facturas”.

O popular recorda que no pleno do mes de marzo xa se someteron a aprobación 889 facturas por valor de 566.667,21€, englobadas en dous reparos, e, agora con “moitas facturas menos” os socialistas someten a aprobación 1.744.437,24€, “é dicir o triple que no anterior pleno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com