O PP denuncia que a maleza oculta sinais e tapa beirarrúas nos accesos a Lugo

O concelleiro do GMPP pide ao goberno local que “preste unha maior atención ao estado da sinalización do municipio nas principais entradas da cidade, así como, no mantemento das cunetas. O edil do PP pon dous exemplos que poñen en evidencia unha falta de control de aspectos tan básicos e que repercuten na imaxe que proxecta a cidade a aqueles que nos visitan.

Un dos casos que salta á vista é o cartel que dá a benvida a Lugo, situado na estrada vella de Santiago antes de chegar ao cruzamento da estrada de Portomarín, e que “está oculto tras a maleza que crece de forma salvaxe nas cunetas por falta de limpeza”. Ameijide pide que se rocen as herbas e silvas que hai en ambas as marxes da vía.

Outro dos puntos no que hai que actuar, segundo os populares, “é na Avenida Duquesa de Lugo a maleza campa ás súas anchas polas beirarrúas ofrecendo unha imaxe penosa da cidade”.

Os populares afirman que a solución desta situación é “sinxela, rápida e barata xa que só fai falta rozar e limpar e tamén”  suxiren, ademais, que se estude a posibilidade de mellorar e ampliar a información que se ofrece da cidade nas entradas?.

Ameijide explicou que “hai que facilitar, informar e orientar  aos que nos visitan o acceso a puntos de interese turístico” apuntando que “poderíase estudar a posibilidade de colocar paneis informativos que referencien os bens patrimoniais que ten a nosa cidade”. Desta forma mellorariamos a calidade da información e potenciaríase a imaxe de Lugo como destino turístico, matizou o popular.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Ramon Alvarez
    Ago 01, 2016 - 05:42 PM

    E moi habitual!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com