Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP denuncia que o Concello cargou indebidamente a uns veciños os custes de fugas de auga municipais

O Grupo Municipal Popular acusa ao goberno local de actuar de forma “chapucera” provocando problemas innecesarios aos veciños lucenses. O concelleiro popular Antonio Ameijide, realizou esta reflexión tras denunciar que o Concello lle cargou preto de 3.000 € a unha comunidade de veciños da rúa Aquilino Iglesias Alvariño por un desmedido consumo de auga “provocado por unha errónea intervención municipal”.

O vicevoceiro popular explicou que esta facturación “é froito dun erro do Concello que cando se fixo cargo da zona verde que tiñan estas vivendas para acondicionar uns xogos infantís esqueceuse de bloquear as distintas saídas de tubaxe de auga á zona axardinada” mentras que si retirou a parte eléctrica do sistema.

Para os populares o máis indignante deste caso é que o Concello, “en vez de asumir esta esaxerada factura, dá a calada por resposta aos veciños que mesmo tiveron que desconectar o sistema de rego do xardín público, pola súa conta”.

Ameijide salientou que os afectados presentaron en dúas ocasións escritos ao servizo de infraestruturas, que van avalados por un informe do Instituto Galego de Vivenda e Solo no que se informa que a zona verde se cedeu ao Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com