Segundo ven de denunciar o PP de Lugo, “o concello de Lugo renunciou a presentarse en 2023 á unha convocatoria de axudas para modernización a transformación dixital do comercio local que poderían supoñer unha inxección de fondos de 2M€ que beneficiarían de forma directa aos seus titulares”.
Os populares apuntan que “nas convocatorias de 2022 e 2021 o concello de Lugo si presentou proxectos, pero foron desestimados polo Ministerio, porque o seu contido non permitiu alcanzar a puntuación mínima”. Asemade, acusan ao goberno local “de desinterese e de falta de apoio a un sector que vive momentos difíciles” e piden á nova alcaldesa que en 2024 non perda esta oportunidade e que se presenten á convocatoria deste ano cun proxecto sólido e ben preparado para evitar que o goberno central o volva a desestimar.
Novo pavillón polideportivo
Con respecto á construción do novo pavillón polideportivo o goberno local puxo de manifesto que “hai orzamento para licitar o proxecto pero tamén recoñeceu que non se iniciarán as obras neste 2024” o que reafirma que “para o equipo de goberno esta dotación tan necesaria non é unha prioridade para eles”.