Concello de Ribadeo e Torre

O PP denuncia que o concello de Ribadeo non solicite a brigada contra incendios da Xunta

O PP Provincial segue denunciando a renuncia de aqueles concellos que non solicitaron adherirse ao convenio da Xunta de Galicia para a colaboración na loita contra os incencios forestais.

Se hai uns días, os populares denunciaban que era o Concello da Pontenova o que non solicitaba este servizo, hoxe criticaban o mesmo do Concello de Ribadeo  quen tampouco solicitou adherise a este convenio consistente no financiamento e dotación de brigadas ás entidades locais.

O voceiro do PP neste municipio, Jesús López Penabad, lamenta o que cualifica de “desentendemento” do Goberno local, sobre todo, sabendo que no mes de xullo dá inicio a tempada de alto risco. 

Pero é que, ademais, salientan os populares, con esta determinación, o Executivo local “está impedindo” tanto a posibilidade de crear novos postos de traballo, como a de preservar a superficie forestal existente no municipio. “Por todos é coñecido o importante peso que ten a madeira no PIB local e da Mariña en xeral. Por tanto, non entendemos como se pode non aceptar unha iniciativa que crea emprego e contribúe á protección dos montes”, subliña Penabad.

E é que, afirma o voceiro municipal, “custa crer que un alcalde pense que está todo feito neste senso, xa que en materia de prevención nunca se está cuberto de todo e nada sobra”, incide o voceiro municipal.

Outro dos beneficios de que os Concellos se acollan a este convenio é que o servizo que prestan as brigadas é máis pegado ao territorio, por exemplo, que os GES. Estas están máis centradas no municipio e actúan en caso de extinción como unidade de primeira intervención. O acordo de colaboración permite tamén financiar, co apoio da Xunta, os custos de mantemento da motobomba e a realización de desbroces preventivos en terreos municipais o de propietario descoñecido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com