O PP en contra de que a alcaldesa incluise o acto da República na axenda institucional

O Partido Popular no concello de Lugo aféalle á alcaldesa Lara Méndez que incorporase na súa axenda institucional o acto de conmemoración do día da República. Para o voceiro dos populares no concello, Jaime Castiñeira, esta posta en escena é exemplo do “uso partidista” das administracións públicas.

“Non teríamos nada que dicir se o fixesen como un acto de partido, pero ao tratarse de algo oficial deberían gardarse unhas mínimas formas”, subliñou Castiñeira.

Para o voceiro popular a celebración deste acto é unha “peaxe” que a rexedora tivo que pagar a cambio de que partidos como Lugonovo ou ACE-Esquerda Unida favorecesen a aprobación dos orzamentos do concello.

Ademais, Jaime Castiñeira amosou  a súa sorpresa porque a alcaldesa reivindicase no discurso que onte leu publicamente a República como o novo modelo de Estado para España considerando que este sería a vía para garantir a democracia e a xustiza social.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com