A concelleira popular Mar Carballas ven denunciar que “o Concello de Lugo aínda ten moito camiño que percorrer para adaptar a Lei da transparencia as súas rutinas” engadindo que “é outra asignatura máis que ten pendente o bipartito”
A popular informou que “PSOE e BNG non actualizan a información dos contratos menores na plataforma do Concello, os últimos documentos publicados son de decembro de 2022 cando están obrigados a colgar os contratos menores trimestralmente”
Por este motivo os populares presentarán un rogo para que se corrixa esta situación “a cal é obrigatoria”, Tal e como se recolle na Lei 19/2013 do nove de decembro sobre acceso a información pública e o bo goberno.
Carballas insiste en que “se queremos que a cidadanía confíe na administración máis próxima, e se queremos que a fiscalización sexa real hai que cumprir coa normativa”
Os populares temen que “se estea ocultando esta información de forma deliberada porque podería dispararse o número e a cantidade que se está pagando neste exercicio económico mediante esta fórmula de contratación sen publicidade xa que en 2022 PSOE e BNG repartiron 7.284.536,921M€ en 1.497 contratos menores”
“É tempo de que a participación e a transparencia teñan o lugar que merecen na administración municipal en Lugo e iso só depende da vontade política de PSOE e BNG”. Remataba.