O PP denuncia que o Goberno Municipal subirá o IBI un 10%

O portavoz do Partido Popular, Jaime Castiñeira, denunciou que “votar as ordenanzas fiscais dos socialistas lucenses e votar unha subida encuberta do IBI en toda regra”. Castiñeira indicou que a solicitude do goberno local ao Ministerio de Hacienda de subir o 10%  os valores catastrais para todo o territorio municipal suporá “unha subida lineal claramente discriminatoria xa que o incremento aplicarase aos bens de natureza urbana por igual”.

Castiñeira denuncia que os socialistas incumpren as súas propias promesas e ideario político xa que “si buscan que pague o que máis ten é uhna indecencia que establezca un incremento lineal que afecte a todos por igual”. Jaime Castiñeira explicou que a alcaldesa solicitou o 17 de xullo realizar esta subida catastral que sentencia aos lucenses a pagar un 10% polos bens inmobles da súa propiedade con independencia da súa situación”.

Os populares recordan que Lugo, ten o segundo tipo de gravamen máis alto das sete grandes cidades galegas” matizando que “sólo está por diante Vigo”, e continuou que “si non baixa o recibo non é polo catastro, nin é polo Estado, é porque o goberno local solicitou subir o 10% dos valores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com