O PP de Lugo anunciou hoxe que presentará iniciativas nas distintas institucións para esixir a restitución dos servizos de Trenhotel que unen Lugo e Galicia con Madrid e Barcelona en canto a situación sanitaria o permita. Unhas liñas que o Goberno central suprimiu con motivo do estado de alarma e que todo indica que non ten intención de reactivar. Para a deputada popular no Parlamento de Galicia,
Raquel Arias, “o Goberno de Sánchez está utilizando o estado de alarma como escusa para cancelar servizos pola porta de atrás”.
Arias lembrou que o as conexións ferroviarias de Lugo e Galicia coa meseta “xa levan tempo pendendo dun fío. De feito, en outubro o PPdeG presentara iniciativas na Deputación e no Parlamento para evitar a perda de calidade do servizo que estaba promovendo o Goberno central no tren nocturno a Barcelona, “cambiando os trens por outros máis vellos, máis lentos, máis incómodos e con menos servizos para os pasaxeiros”.
Dende o PP de Lugo piden, “loitar todos xuntos para que o PSOE recapacite e este servizo poida seguir adiante”.
A deputada expresou “a preocupación dos populares polas posibles perdas de emprego que suporía esta cancelación”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.