O Grupo Municipal do Partido Popular denunciou esta mañá que o interventor municipal cuestiona a legalidade de pagos municipais por importe de máis de 30.000 euros ao día.
Tal como explica o edil Juan Carlos Plaza, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 16 de febreiro de 2015, data na que o alcalde asinou o último dos tres decretos deste ano no que levanta os reparos de legalidade interpostos polo interventor municipal, o Concello abonou preto de millón e medio de euros, do que segundo os populares, se desprende que cada día a administración municipal pagou unha media aproximada de 30.000 euros diarios.
Juan Carlos Plaza: