O PP denuncia que a rúa Monte Adairo nas Gándaras é “intransitable”

O PP no Concello de Lugo denuncia que uns meses despois das obras de saneamento e urbanización da rúa Monte Adairo nas Gándaras a vía continúa sendo “intransitable”.  

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, considera “o colmo dos despropósitos” que nesta vía das Gándaras mentres uns veciños “gozan de beirarrúas e un pavimento digno, outros veciños, con vivendas situadas na mesma rúa; carezan de beirarrúas e se vexan obrigados a circular por un tramo con buratos, gravilla solta, sumidoiros levantados e blandóns”.

O concelleiro popular explicou que o treito que quedou mal rematado en Monte Adairo forma parte dun proxecto que o Partido Popular incorporou ao acordo dos remanente de xuño de 2013 asinado co PSOE. A intervención nesta rúa, que se adxudicou hai dous anos, tiña un prazo de execución de tres meses pero, en realidade, estivo máis dun ano en obras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com