O PP denuncia sobre custes no recibo da auga

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Isabel Devesa denuncia, sobre custes no recibo da auga correspondente ao terceiro trimestre do ano e que o Concello emitiu o 5 de novembro de 2015. Tal como explica a edil popular, “estes sobre custes teñen unha dobre orixe, xa que por unha banda, cóbrase de súpeto todo o consumo acumulado que non se reclamou previamente e, pola outra, ao facelo deste xeito aplícanse recargas en moitas ocasións ao recoller o consumo acumulado que non se corresponde coa realidade de moitas familias lucenses”. Nese sentido, Isabel Devesa aclara que “familias que pagaron 39 euros polo segundo trimestre de 2015, correspondentes ao custo mínimo por ter dado de alta o servizo, pasarán a ter que abonar máis de 140 euros, debido a que o prezo do metro cúbico de auga consumida, segundo as escalas recollidas na ordenanza fiscal que regula este servizo, multiplicarase por oito”.

Isabel Devesa subliñou que “a única causa deste barullo e destes importes desproporcionados obedece á falta de lectura dos contadores”, polo que urxe de novo aos socialistas para adoptar “todas cantas medidas sexan necesarias para frear esta situación”.

Asemade Devesa, lembrou que “a propia ordenanza do servizo establece un prazo de lectura de polo menos cada tres meses, mentres que na realidade está a facerse unha vez cada seis meses, o que provoca este “cobro ilícito” ao aplicarse unha tarifa de facturación que non corresponde ao consumo realizado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com