O Partido Popular acusa á alcaldesa de Lugo de “torpedear a posta en servizo do novo auditorio de Lugo por motivos puramente electoralistas”. O voceiro popular Ramón Carballo lamenta os “bandazos” e a “incoherencia” das accións dos socialistas que, por un lado, “promoven, a bombo e platillo, visitas a inmobles como o cuartel de San Fernando onde salta á vista que hai problemas reais de seguridade mentres que, por outra parte, boicotean con excusas sen fundamento o acceso aos lucenses ao novo auditorio”.
Carballo quere que a alcaldesa responda e diga “a que se refire coa falta de seguridade do novo auditorio de Magoi xa que o informe municipal non di nada ao respecto senon que tan só detecta deficiencias menores que responden a que o edificio leva anos sen uso”.
“É indigna a súa postura xa que calquera alcalde cun pouco de visión de cidade e que quere mellorar os servizos dos seus cidadáns estaría buscando canles para axilizar a posta en servizo desta infraestructura” reflexionou Carballo. “A alcaldesa de Lugo e os seus socios de goberno queren ocultar un investimento millonario da Xunta nunha infraestructura da que deberían estar presumindo” insistindo en que “este bloqueo e a súa denuncia para impedir a visita ao edificio dos lucenses só responde ao seu temor de que vexamos, en primeira persoa, que as disculpas que pón o goberno local para abrir esta infraestructura non teñen ningunha base”.
“Desguace e vertedoiro nunha finca municipal”
Por outra banda, esta mesma mañá o Partido Popular denunciaba outra situación de “desleixo” en Lugo. E é que, segundo o popular Antonio Ameijide, o goberno está a aproveitar unha parcela municipal no Polígono do Ceao para depositar “todo tipo de residuos” sen poñer “ningún tipo de medida de seguridade para garantir que eses produtos que poden ser, nalgúns casos, altamente contaminantes, non afectan ao medio ambiente”.
Ameijide explica que se trata dunha parcela situada na rúa dos Carros e na que o goberno local depositou todo tipo de vehículos, farois, o céspede artificial que hai varios meses se retirou dos campos de fútbol municipais e “ata a caseta do punto de información turística que había na praza da Constitución”.
“Este tipo de residuos, como os vehículos retirados da vía pública, deben ser almacenados en lugares que cumpran unha serie de requisitos xa que se consideran residuos altamente contaminantes”, critica Ameijide.
Mar 09, 2020 - 07:10 PM
Esta Larita ou e tonta, pero tonta de verdad. Ou non se entera de que e alcaldesa de Lugo. Lara os ciudadanos de Lugo, xa estamos ata as narices das túas paranoias ou tonterías. Fai o teu traballo como o tes que facer. É deixate de tanto protagonismo e postureo