O PP destaca en Lugo que “Galicia ten o mellor calendario de vacinas do mundo e a mellor carteira de cribados de España”

“Galicia ten o mellor calendario de vacinas do mundo e a mellor carteira de cribados de España”, segundo concluíu a presidenta da Comisión de Sanidade do PP lucense e portavoz de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Encarna Amigo, trala reunión informativa na que a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, abordou os retos de presente e futuro e por onde avanza Galicia en materia de saúde pública.

A deputada lucense subliñou durante o encontro, enmarcado dentro do #EspazoAbertoPopular “co que o PP da provincia pretende achegar o Partido aos lucenses abordando distintos temas de interese social, que o Goberno galego cre na sanidade pública e aposta cada día pola súa mellora constante para acadar a  excelencia, pensando nos doentes e na saúde dos galegos”

A popular dixo que “sabemos que hai déficit de persoal sanitario -de médicos en particular- polo que Galicia leva anos reivindicándolle ao Goberno central que aumente o número de prazas para formar médicos”. No ámbito do persoal sanitario, “a Xunta incrementa para o 2024 nun 8% a partida orzamentaria que se dirixirá ás melloras salariais pactadas e á creación de máis de 1.700 prazas novas estruturais no SERGAS no 2024 para consolidar o aumento do cadro de persoal producido durante a pandemia”.

Prevención e protección

Segundo a popular, “a Xunta está a apostar de forma decidida pola prevención e a detección precoz a través de vacinas e cribados. Xa ten duplicado o orzamento neste ámbito durante esta lexislatura e para o 2024 incrementarase nun 40% o dirixido ao Programa Galego de Vacinación”. Isto permitirá “consolidar o calendario de inmunizacións máis completo do mundo que inclúe a incorporación nestes anos das vacinas de meninxite B, rotavirus ou herpes zóster ás que se suma á inmunización fronte o VRS (virus respiratorio sincitial) sendo a sanidade pública galega a primeira do mundo en incorporala e a ampliación de cobertura ou mellora da calidade das do meningococo, o pneumococo, papiloma humano ou antigripal tetravalente”.

“Os crivados permitiro consolidar programas para a detección precoz do cancro de colon a tódolos galegos e galegas en risco, ampliar a cobertura do cribado de cancro de mama dende os 69 aos 74 anos e estender a toda Galicia o de cancro de cérvix (o segundo máis frecuente entre a poboación feminina), adiantándose dous anos á data marcada por Europa e cando a maioría das comunidades autónomas están aínda iniciando a súa implantación”. Rematou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com