O PP desvela que se achega o pago dos 3M€ da indemnización da Fábrica da Luz

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fixo público que o xulgado vén de denegar a suspensión do procedemento aberto na Fábrica da Luz, suspensión solicitada polo goberno de Lara Méndez, o que supón “outro revés da alcaldesa nesta infraestrutura”, polo que a petición de rescisión do contrato e indemnización solicitada pola empresa adxudicataria pola vía xudicial segue adiante.

Ameijide sinala que segundo un auto do xulgado contencioso administrativo número 1 de Lugo, acordan “desestimar a solicitude de suspensión interesada pola representación procesal do Concello de Lugo”. O popular explica que o xulgado non considerou a petición formulada por Lara Méndez para suspender o procedemento.

A empresa concesionaria da explotación da Fábrica da Luz realizou unha reclamación de 2.840.858,15€, máis intereses e costas do proceso. No documento, avalado por informes periciais de economistas e enxeñeiros de camiños se reclama a resolución do contrato alegando incumprimentos e erros cometidos por parte do goberno local.

Entre as razóns polas que a empresa adxudicataria xustifica a resolución do contrato figura “a solicitude extemporánea de prórroga do prazo de execución de obras, así como, o retraso na autorización do inicio das obras e no nomeamento do director das mesmas. Inca solicita en máis de tres ocasións ao concello de Lugo que como promotor requirise a axilización de trámites”.

Tamén se cita como incumprimentos “a indispoñibilidade do edificio que impide executar traballos de musealización e explotación da central eléctrica, ou ben, os retrasos na solicitude de prórroga como titular da concesión de augas para a execución da ataguía”.

Na demanda en curso, Inca tamén apunta como responsable desta situación á alcaldesa e ao concelleiro responsable desta área alegando que retrasou numerosos trámites, entre eles, a prórroga das obras da ataguía. Ambos feitos foron denunciados en reiteradas ocasións dende o PP, de feito, desvelamos que “o edil socialista tivo mes e medio sobre a mesa, sen firmar, a solicitude da prórroga de concesión e cando tivo a ben asinala xa estaba fóra de prazo provocando que se iniciase o expediente de caducidade desta concesión hidráulica do concello de Lugo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com