O PP di que os orzamentos de 2024 do Concello “nin son progresistas, nin verdes, nin sostibles”

Elena Candia degrañou, un a un, os cualificativos cos que a alcaldesa definiu os orzamentos de Lugo para 2024 e chegou a cnclusión de que estes orzamentos “nin son progresistas, nin verdes, nin sostibles.

A voceira popular fixo explicou  porqué sesa afirmación: Os orzamentos “non son progresistas  xa que seguen creando un Lugo de desigualdades, nunhas zonas agasállaselles con todo e noutras nin auga”.

“Non son verdes, pois destinan uns ridículos recursos a un dos principais retos neste capítulo como é o do abastecemento e saneamento. “De pouco sirve presumir de edificio verde cando noutros barrios carecen de saneamento”. reflexionaba a popular.

Non son sostibles: a sostibilidade defínese como o desenvolvemento que satisface as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións. Este goberno presenta un orzamento que, despois de dilapidar os remanentes de tesourería, precisa dun crédito de 13,5 para cumprir os seus compromisos, comprometendo claramente ofuturo dos lucenses

A xefa da oposición conclúe “tal e como reflexa o informe de intervención aclarando que se para a persoa encargada de fiscalizalos non lle merecen fiabilidade, nin confianza que van pensar os cidadáns?”

Segundo a xefa da oposición no concello, os orzamentos “fixéronse con ás presesas e con noturnidade, xa que “a falta de tempo para analizar os datos presentados certifica que se non se puido facer por parte de intervención unha análise detallada tal e como se recolle no informe do interventor onde se indica-páxina 1- indica que “tendo en conta o escaso período de tempo transcorrido entre a finalización e formalización completa do expediente e as que se comunican como datas de obrigada convocatoria da Xunta de Goberno local …”

Páxina 14 cando apunta o capitulo un di, a relación incluída no proxecto de orzamento se corresponde cos datos remitidos polo servizo depersoal o 14 de decembro  sen que fora posible polo prazo dispoñible ningunha valoración, análise, nin contraste sobre tales datos sen máis que os de carácter aritmético de coincidencia.

A popular tamén enumerou as dez emendas que o PP fai aos orzamentos de 2024, Candia explicou que son “propostas coherentes co noso modelo de cidade e que buscan mellorar diferentes servizos e prestacións á veciñanza”:

1.-Propoñemos construción da nova Protectora de Animais e Plantas coa partida de 773.663 € destinados a hortos ecolóxicos comunitarios.

2.-A redacción dun Plan Municipal de Saúde Mental, extraendo 50.000 € da partida de traballos realizados por outras empresas en protocolo da alcaldía.

3.-Queremos que se incrementen as partidas de persoal para cumprir cos compromisos relacionados con contratacións temporais e nomeamento de interinos para iso propoñemos:por un lado eliminar unha partida dun órgano directivo que reserva 70.000 € para este posto e tamén se solicita destinar 1.6m€ que se paga á empresa que repara as fugas de auga 24 horas para o reforzo do persoal da brigada municipal. Con este equipo municipal consolidado, ademais das tarefas de mantemento, poderíanse facer obras de saneamento e abastecemento na zona rural.

4.-Para a renovación do abastecemento do polígono do ceao solicítase que a partida de investimentos de obras e renovación das redes de abastecemento na zona norte (230.000 €) se dedique de forma íntegra esta actuación.

5.-Dotar dunha partida específica de 343.914 € para poñer en marcha o auditorio municipal de magoi que se extrae dunha  partida de gastos diversos.

6.-Solicitamos que se faga unha encomenda de xestión a Evislusa que permita intervir nalgún dos edificios abandonados ou en estado de ruínas situados no entorno residencial de rehabilitación programada do Barrio da Milagrosa e Feijóo (errt) para súa rehabilitación e posterior destino para unha comisaría da policía local

7.-Pedimos que se reserven partidas para que no exercicio 2024 para que estea en disposición un aparcadoiro en fontiñas así como os estudos para habilitar outras zonas de aparcamento nas inmediacións do centro como na rúa Castelao. Para a mellora da entrada de lugo pola fervedoira no tramo que é competencia do concello. Para a redacción do proxecto para dotar de servizos de conciliación aos polígonos industriais de o ceao e As Gándaras.

8.-Tamén se fai unha emenda ao documento das bases de execución para que as entidades sociais poida anticipar os importes das subvencións nominativas previo a súa xustificación. Na actualidade e debido ao retraso do pago destas axudas por parte do goberno local as asociacións teñen que asumir os pagos e en ocasións non poden levalas a cabo por falta de recursos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com