O PP e Martínez tomban todas as propostas do Pleno da Deputación

O pleno da Deputación de Lugo rematou esta mañá sen a aprobación de ningunha das propostas presentadas polos distintos grupos. Foi logo de que os deputados provinciais do PP e o deputado non adscrito, Manuel Martínez, anunciasen esta mañá que renunciarían ao debate e votarían en contra de todas as medidas presentadas en protesta pola decisión do presidente da Deputación, Darío Campos, de converter en rogo unha moción dos populares. Deste xeito, Campos evitaba o debate en pleno dunha proposta na que o PP pedía que o organismo provincial Suplusa xestionase as residencias de Portomarín, O Courel e Becerreá.

Campos xustificou esta decisión en criterios técnicos, xa que o secretario avalaba a conversión de dita moción nun rogo e a supresión do debate dos grupos. Con todo, a voceira do PP, Elena Candia, denunciou que este é “un feito sen precedentes” e acusou a Campos de cometer “un atropelo sen precedentes”. “Estamos preocupados destas medidas que está a adoptar o presidente que lonxe de continuar na liña negociadora segue encorsetado en actitudes ditatoriais e que xa lles anuncio que non vamos a permitir”, engadiu.

No mesmo sentido, o deputado non adscrito, Manuel Martínez, tamén acusou ao presidente da Deputación de impedir o debate e anunciou que tamén votaría en contra de todas as propostas presentadas no pleno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com