O PP esixe a implantación da gratuidade para menores, parados, xubilados e persoas con escasos recursos

Concelleiros do grupo municipal do Partido Popular subiron onte as novas liñas de autobús do Concello de Lugo para comprobar de primeira man o seu funcionamento e realizar un chequeo dos novos traxectos. Así os populares aproveitaron para falar coa cidadanía e recoller queixas e ideas dos usuarios para a mellora do transporte público lucense.

Así, segundo explican os populares, que durante toda a semana seguirán comprobando a funcionalidade do novo servizo, recolleron numerosas queixas da veciñanza que lles trasladou o seu malestar porque, en moitos casos teñen que reorganizar os seus desprazamentos “de cero” xa que non recibiron comunicación oficial por parte do Concello de Lugo sobre os novos traxectos. “Vemos como moitas das queixas se centra no total descoñecemento das novas rutas. Hai veciños que non recibiron información algunha, mentres outros viron como nos seus buzóns apareceu unha carta coa foto de Rubén Arroxo”, lamentan.

Neste senso, o Grupo popular viu esta mañá como hai veciños que viven na zona norte e que traballan no barrio da Ponte, que antes unicamente precisaban dun bus (a antiga liña 2) pero que agora teñen que coller dous ou tres liñas diferentes, en función da zona na que vivan.

Situación que, segundo os populares, tamén provocou moito malestar entre os cidadáns, “xa que moitos viron como pasaron de pagar 64 céntimos a pagar 1,92€”. “Falamos de que un lucense que viva en Albeiros e traballe na Ponte ou queira ir ao cemiterio pasará a pagar o dobre en cada viaxe”, criticou.

Neste senso, o vicevoceiro da formación, Antonio Ameijide, recorda o acordo plenario de xaneiro deste ano, a instancia do Partido Popular, polo que se aprobaron os transbordos gratuítos e a gratuidade do servizo para menores, parados, xubilados e persoas con escasos recursos. Un acordo que tivo os votos a favor de Rubén Arroxo. “Non entendemos os motivos de non aplicar esta medida. Non ten explicación posible”, lamentou o popular.

Unha situación ante a que o Grupo Popular se plantexa elevar unha nova iniciativa ao pleno para forzar ao goberno local a explicar os motivos de non aplicar este tipo de medidas que unicamente redundarán nun beneficio para os lucenses e a súa economía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com