O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta tanto a Lara Méndez como a Rubén Arroxo “que teñen pensado facer co carril peonil da Ronda da Muralla, xa que, catro meses da súa entrada en vigor, o seu uso foi diminuíndo ata ser un problema para o tráfico e un perigo para os peóns”.
Antonio Ameijide reclama unha solución para os problemas de tráfico “que xerou a anulación dun carril na Ronda da Muralla, xa que instalaron ese carril sen dar unha solución ao tráfico e sen dotar dunha seguridade plena aos peóns, xa que houbo varios sustos e incidentes preocupantes”.
Para o concelleiro popular a realidade é dura para PSOE e BNG, “xa que nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo fixeron nada por solucionar o problema que xeraron na Ronda da Muralla, e semella que todo seguirá igual a un mes do inicio do curso escolar, co conseguinte aumento de vehículos co fin das vacacións, o que provocará retencións maiores ás xa rexistradas nos últimos meses”. “Se os catro anos de Lara Méndez gobernando en solitario foron de parálise, o ano de goberno Méndez- Arroxo é de letargo”, puntualiza.
Antonio Ameijide tamén critica “que a improvisación do goberno local contribúe a que os turistas que visitan a cidade se leven unha nefasta imaxe da Muralla, rodeada de conos, coma se estivese en obras permanentes”. “Que un Patrimonio da Humanidade se vexa cercado así, sine die, por conos de obra é digno de figurar no currículum de Lara Méndez e Rubén Arroxo porque dubido que noutros lugares do mundo traten así a Bens Mundiais”, sinala.
Ago 07, 2020 - 12:40 PM
E a min que me encantaría que ese carril, tal pasarela da corrupción , fose utilizado polo PP patrio pa dar unha voltiña por Lugo, e ver como os seus os aplaudian. Non teria precio, pero…