Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP esixe medidas urxentes para buscar unha solución ao aparcamento no centro

Ameijide lamenta a actitude do goberno local para buscar solucións ás dificultades que se producen no centro da cidade á hora de encontrar aparcamento, criticando que os socialistas non ofrezan alternativas como “a recuperación dun sistema gratuíto de rotación e a creación de bolsas de aparcamentos disuasorios”

O popular critica “a lentitude da implantación do novo modelo de transporte que se adxudicou o pasado mes de febreiro e que a dous meses de que remate o prazo para a súa posta en marcha se descoñeza o seu alcance”

O concelleiro popular lembra que, xa desapareceron 200 prazas na contorna do Hospital de San Xosé ao que se poderían sumar “outras 400 prazas que parece van a  desaparecer  do Anxel Fole”.

Cidadáns

O grupo municipal de Cidadáns tamén amosou tamén a súa preocupación pola orde de peche decretada polo gobernó Municipal para oa parking Ánxel Fole, e a falta de alternativas para as 400 prazas estacionamento que se perderán. A voceira de Cidadáns, Olga Louzao, demandou do concello unha solución para as prazas de aparcamento privadas que no seu día mercaron ou alugaron algúns vecinos en dito aparcadoiro.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com