O PP esíxelle ao Goberno provincial que cumpra o acordo do plenario

O Grupo Provincial do PP vén de presentar unha solicitude ante os rexistros da Deputación Provincial e da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo SA (SUPLUSA) pedindo unha “solución inmediata” para que os traballadores desta sociedade cobren as nóminas que se lles adebedan. “O Goberno da Deputación e o presidente de SUPLUSA están “condenados a entenderse” para “facer cumprir o acordo plenario”, asegura a voceira popular, Elena Candia.

Nese sentido, Elena Candia lamentou que “o presidente da Deputación de Lugo lle dea as costas aos 29 traballadores desta sociedade desoíndo as súas obrigas” cando “é a propia Deputación a responsable de que estes traballadores non cobren”.

Os populares “pedímoslle ao presidente que se implique na solución deste conflito cumprindo o acordo plenario no que solicitabamos unha solución para os 29 traballadores desta sociedade dependente da Deputación Provincial de Lugo”. O Grupo Popular presentaba, nada máis coñecer que non cobraran as nóminas correspondentes ao pasado mes de xullo, unha moción de urxencia que foi aprobada o pasado martes 31 de xullo cos votos en contra do Grupo Socialista.

A voceira popular apostou por aplicar a base 35 de execución do Orzamento provincial 2018 coa que ofrecer “unha solución inmediata para que cobren e haxa tempo para cubrir esa praza”. De feito, Candia recordoulle ao equipo de Goberno que “teñen a posibilidade de resolver esta situación, como fan con moitos Concellos da provincia cando teñen vacantes de Intervención”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com