O PP facilita que os afiliados participen na vida do Partido con ‘Populares LugoApp’

A presidenta Provincial do Partido Popular, Elena Candia, e o vicesecretario de Novas Tecnoloxías, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, presentaron este mediodía a aplicación Populares Lugo App, a través da cal os afiliados recibirán información dos seus concellos, poderán poñerse en contacto cos seus líderes locais e  participar en distintas enquisas.

A nova plataforma xa está dispoñible e pode descargarse de forma gratuíta tanto en Google Play para teléfonos Android, como no AppStore para os iOSde Apple. Deste xeito, segundo apuntou Elena Candia, “será unha ferramenta que permitirá intensificar o contacto cos afiliados”.

“Todos sabemos a influencia que teñen hoxe en día os medios on line. Por iso, no PP de Lugo puxemos en marcha esta iniciativa bidireccional que tamén nos permitirá tomar decisións naqueles asuntos que realmente lle preocupan aos cidadáns. Non estar nas redes é un erro, pero hai que facelo de forma responsable, e isto é un paso máis”. A este respecto, a presidenta remarcou que a aplicación “permitirá que os afiliados e, porque non dicilo, os simpatizantes tamén, teñan unha comunicación máis directa co Partido e incluso nos axuden a decidir o sentido do voto”, en  cuestións como poden ser, dixo, os convenios que a Deputación puxo en marcha para as  residencias da terceira idade e que obrigan aos Concellos a aportar unha importante cantidade de diñeiro. É dicir, a ferramenta contribúe a que “non só sigamos traballando para as citas electorais, senón a conectar coa militancia e equivocarnos o menos posible”.

Tal e así que, segundo explicou Fernández Piñeiro, está pensada, fundamentalmente, para que os usuarios poidan transmitir “de maneira directa, áxil e persoal” calquera necesidade ou demanda cos cargos orgánicos, tanto dos 67
Concellos como dos provinciais.

Esta app, pretende ser una “vía de contacto en dúas direccións”: os afiliados poderán contactar, opinar e informarse das novas máis relevantes dos municipios nos que se deande alta. Á súa vez, Concellos e a organización provincial poderán comunicar, consultar e notificar aquelas cuestións que sexan ou de interese para os afiliados. “O noso afán principal, apuntou o vicesecretario de Novas Tecnoloxías, é facilitarles unhaferramenta de participación directa co Partido”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com