O PP forza a Campos a convocar un pleno extraordinario no que debaterán sobre as residencias

O PP consegiu que se celebre o pleno extraordinario que veñen solicitando desde a anterior sesión de outubro no que se recolle a moción sobre as residencias que o Goberno provincial decidira converter en rogo, así como o resto dos puntos da orde do día daquela convocatoria. A sesión celebrarase o martes ás nove da mañá.

No Pleno do mes de outubro o PP decidiu absterse do debate e votar en contra das iniciativas que formaban parte da orde do día do Pleno en sinal de protesta por non poder someter a aprobación a iniciativa na que pedían que Suplusa asumira a encomenda de xestión para a construción das residencias de Becerreá, Portomarín e Folgoso do Caurel. Amais de votar en contra das mocións do resto dos grupos, o PP pediu a retirada das mocións presentadas polo seu propio grupo.

Agora, tras a petición do PP, Darío Campos convoca un pleno extraordinario para o vindeiro martes no que volverán a debaterse todos os puntos da orde do día do pleno de outubro, incluída a moción do PP sobre as residencias.

A voceira dos populares, Elena Candia, asegura que o presidente vén de desenmascarar a súa intención que era a de negarse a debater a moción na que se pedía que Suplusa asumira a encomenda de xestión para a construción das residencias de Becerreá, Portomarín e Folgoso do Caurel. “A mentira ten as patas moi curtas e aquí fixo falla menos dun mes para coñecer o que realmente pretendía Campos”, explica.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com