O PP gaña o voto exterior na provincia

O Partido Popular gaña o voto exterior na provincia de Lugo. O reconto do voto dos galegos residentes no estranxeiro ratificou os resultados do escrutinio da noite electoral con 9 deputados para os populares, un máis dos acadados na anterior cita coas urnas en 2016
A vitoria do Partido Popular de Lugo reflíctese tamén no voto exterior con 141 sufraxios, fronte aos 92 do PSOE, 83 do BNG, 37 da formación Galicia En Común-As Mareas e 25 de VOX. Completan o escrutinio Cidadáns con 9 votos, o Partido contra o maltrato animal con 8 votos, con 5 EQUO Galicia e Recortes Cero, con 3 Por un Mundo Máis Xusto, con 2 respectivamente Converxencia 21 e Partido Comunista dos Traballadores de Galiza e, finalmente, con 1 voto a Marea Galeguista. En total 421 galegos no exterior exerceron o seu dereito a voto e contabilizouse 7 votos en branco e 1 nulo.

A presidenta do PP de Lugo e cabeza de lista dos populares lucenses, Elena Candia, agradece “a confianza depositada en nós
porque, grazas a eles, en Galicia tamén acadamos o deputado 42. Seguiremos traballando para non defraudalos, e farémolo coa humildade que procede”, afirma.
Dáse a circunstancia ademais de que o voto exterior outorga ao PPdeG un deputado máis pola provincia de Pontevedra, de tal xeito que o PP obtén 42 escanos no Parlamento de Galicia, a contía máis elevada dos mandatos de Feijóo, ampliando a maioría acada en
2016.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Dorami La Gata Cósmica
    Xul 20, 2020 - 07:05 PM

    @PPdeMonforte @PPdeLugo 👏👏👏👏👏👏

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com