O PP insiste en que as máquinas están paradas e o goberno que descoñece o funcionamentoo do Parque Móbil

O Grupo Provincial do PP sae ao paso das explicacións dadas pola Deputación de Lugo sobre a parálise no parque móbil e asegura que o equipo de Goberno “falta á verdade” e confunde ter as máquinas no polígono de Mondoñedo aparcadas con traballar.

“Comprobamos que as máquinas estaban paradas no polígono de Mondoñedo cando se acumulan as peticións dos concellos que non están a ser atendidas. A Deputación pon o foco nos traballadores, cando nós defendemos os seus dereitos, ao tempo que lles pedimos aos responsables políticos que garantan que o servizo se presta nas condicións adecuadas, posto que é a señor Campos a quen lle corresponde velar por este cumprimento”, precisan.

O Goberno di que o PP minte

O Goberno fixo unhas declaración nas que incidiu, “ante as mentiras e o descoñecemento sobre o Parque Móbil amosado publicamente polo Partido Popular”, o Goberno da Deputación explica o seu funcionamento: o Goberno progresista da Deputación remodelou o Parque Móbil Provincial para que dende este departamento se melloren con todos os seus medios humanos e materiais tanto as estradas provincias como municipais, aforrando custos correntes á propia institución e aos Concellos.

Tendo en conta que a época estival é unha das máis idóneas para realizar estes traballos debido ás condicións climatolóxicas, os profesionais desta área aceptaron repartir durante o ano os días que por lei lles corresponde descansar, intensificando a súa actividade durante o verán, polo que e no inverno cando estes profesionais aproveitan para descansar, pois as condicións climatolóxicas adoitan ser máis adversas e impiden actuar nas vías. Por exemplo, como todos os anos, algúns profesionais descansaron durante o Nadal. Con todo, ningunha área provincial pode quedar desatendida por que os seus  profesionais non descansan no mesmo período.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com