Se falamos de turismo na provincia de Lugo, ademais das súas inesquecibles paisaxes de montaña, e as súas praias de película, non podemos deixar de lado o turismo fluvial, que crece ano tras ano e está a ser xa unha oportunidade de certos concellos do interior para atraer visitantes. Así os populares da provincia de Lugo lembraban esta mañá as instalacións creadas baixo os seus últimos gobernos, e reprocháronlle ao presidente da Deputación que “a desidia” levara ao peche de varias delas.
O voceiro provincial do PP, Javier Castiñeira, achegouse onte a unha destas instalacións agora pechadas, ás do club náutico de Belesar, en compañía do alcalde de Chantada para reinvindicar unha pronta posta en servizo desta instalación que pode atraer ao turismo á localidade.
O popular explicaba como este inmoble, provincial, que no seu momento se fixera para a explotación do turismo fluvial, seguen pechadas. “Neste caso, pechadas cun cadeado, que é a mellor imaxe da ineficacia do goberno provincial”, denuncia. “Sabemos que saíu licitada a súa concesión en febreiro do ano pasado e que o concurso quedou deserto”, explica Castiñeira, “queda demostrada así a falta absoluta de interese do goberno provincial por sacar adiante estas instalacións”.
Out 15, 2020 - 08:47 PM
Sentenza da Gürtel , que é a mellor imaxe do PP.
Out 15, 2020 - 05:25 PM
Non hai quen o colla