O PP insta á Xunta a seguir traballando para mellorar a asistencia primaria

O Grupo Provincial do Partido Popular presentou esta mañá en Pleno unha emenda á proposta presentada polo PSOE sobre o fortalecemento dunha atención primaria próxima, resolutiva e de calidade na provincia de Lugo. Os populares instaron á Xunta de Galicia a seguir traballando para mellorar a asistencia primaria na provincia de Lugo así como a calidade asistencial, as infraestruturas e dotacións de todos os centros e, do mesmo xeito, esixiron ao Ministerio de Sanidade e Asuntos Sociais a que incrementen prazas MIR nas especialidades con déficit como é o caso de Pediatría. Os socialistas e nacionalistas rexeitaron a emenda do PP o que motivou o voto en contra do PP á moción do PSOE, “na que menten e a que utilizan como arma política”.

O voceiro do Grupo Popular, José Ulla, defendeu que, “se saímos fóra da nosa comunidade, tendo un punto de referencia, sabemos a calidade asistencial que temos. Valoran máis a sanidade os de fóra que nós”, aínda así “lóxicamente hai que mellorar e avanzar e niso está a traballar a Xunta de Galicia”.

“Aos políticos pídensenos datos” expuxo José Ulla, quen deu cifras que demostran a importancia que ten a sanidade para o PP. Enumerou que Galicia dispón de 469 centros de saúde e de 91 PAC, xunto a 14 hospitais máis POVISA, ademais da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061, e demais axencias e organismos dependentes da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde. Nestes centros e dispositivos desenvolven o seu traballo arredor de 38.000 profesionais, 1.544 máis que no 2008. De igual modo, convocáronse 6.133 prazas entre 2009 e 2017. “Estas son cifras reais”, reafirmou, Ulla, ao tempo que engadiu que a Xunta está a traballar no  compromiso de reducir a temporalidade no Servizo Galego de Saúde.

“O orzamento dedicado a esta finalidade representa máis do 40% do da comunidade autónoma, cifra que dá a recoñecer a importancia da sanidade para o PP”, afirmou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com