O PP insta ao goberno a arranxar unha fuga de augas fecais que afecta a naves do Polígono de O Ceao

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou a situación que viven varios empresarios do Polígono de O Ceao, que ven como entran augas fecais nas súas instalacións sen que dende o Concello de Lugo se dea unha solución a un problema “moi desagradable”.

Antonio Ameijide sinala que os afectados levan varios meses pedindo ao goberno local que dea unha solución ao problema pero, polo momento, o único que conseguiron foron escusas que “non solucionan o problema” a pesar de que a fuga procede da rede de saneamento municipal. Os afectados levan varios meses sufrindo o problema, que se agravou en maio cando se produciu un colapso nesta tubaxe.

A orixe das filtracións procede dun terreo que se atopa entre as naves que teñen a fronte cara a rúa da Industria e as naves que a teñen cara a rúa dos Canteiros, unha zona cunha anchura dun metro e medio polo que pasa a canalización de saneamento. Esta canalización ten unha rotura nalgún punto, polo que está a expulsar cara as naves da rúa dos Canteiros as augas fecais, o que provoca “grandes problemas” aos propietarios das devanditas naves.

Ante esta situación, o concelleiro popular insta “ao goberno bipartito a tomar as medidas necesarias para arranxar esta tubaxe de saneamento e a emendar os danos ocasionados nas naves afectadas e que xeran problemas no día a día dos empresarios afectados”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com