Os populares protagonizaron hoxe un novo acto reinvidicativo para recordarlle ao goberno municipal que o 23 de xuño de 2020, “hai xusto hoxe un ano e 11 meses, recibiron as chaves do novo auditorio de Magoi un edificio vangardista no que a Xunta investiu 25M€ e que, pola súa
incapacidade ou pola súa falta de interese segue hoxe pechado”, sinalaron.
Os populares lamentan que “unha vez máis a novidade sexa que non hai novidades para axilizar a posta en marcha desta infraestructura”. “Esta afirmación non é unha suposición do PP senón que o confirmou o propio goberno municipal na comisión do pasado venres onde a preguntas do PP recoñeceron que ainda están cos pregos de condicións para sacar a licitación as obras que precisa o inmoble para a súa posta en marcha”.
Os populares cada vez están máis preocupados polo estado no que o bigoberno ten esta infraestructura “que tanto reclamaron, como
defensores da cultura e de espacios dignos para Lugo, e que agora que o teñen nas súas mans o deixan abandonado”.
Dende o PP invitan aos veciños de Lugo a que “vexan cos seus propios ollos o entorno no que languidece este edificio con maleza rodeándoo
coma se se tratase dun descampado”. Os populares tamén lamentan a deixación de funcións do bigoberno xa que “despois de oito meses
seguen sen arranxar o panel de cristal que rachou deste edificio.