O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, lamentou esta mañá que os problemas de aparcamento no centro da cidade van ir a máis trala sinatura do decreto que “impide o exercicio de actividade” do aparcadoiro Ánxel Fole. Antonio Ameijide explicou que esta é un problemática máis que se engade, dixo, “aos bandazos que dá o goberno local en materia de tráfico”. Con este peche o centro da cidade perde case 400 prazas de aparcamento.
O voceiro municipal popular criticou a falla de previsión do goberno socialista “que unha vez máis incide negativamente para a cidadanía”. Para Ameijide o goberno de Lara Méndez “non está a tomar ningún tipo de medida para solucionar o problema do tráfico na cidade”. Neste senso, dende o Grupo Municipal do Partido Popular pedirase a convocatoria da mesa de traballo do sistema ORA.