O PP lamenta que PSOE e BNG rexeitanse consensuar cos sectores afectados o cambio de criterio urbanístico

O Partido Popular amosouse hoxe defraudado “pola falta de diálogo real” de PSOE e BNG con respecto á proposta que hoxe respaldaron socialistas e nacionalistas en relación ao cambio de criterio urbanístico sen ter en conta á oposición de varios colectivos lucenses como a APEC e de arquitectos de Lugo. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “nos resulta incomprensible que á vista do malestar que hai non contemplen a posibilidade de realizar un maior esforzo para buscar un consenso nesta cuestión”.

O popular explicou que “algúns ven nesta proposta un cambio de planeamento encuberto” que podería acabar no xulgado, mentres que “outros o consideran un plantexamenteo simplista” que afectará á construción de vivendas unifamiliares (sobrecustes e intertidume legal) e tamén afectará á promoción de vivendas con perda de edificabilidade que repercutirá na viabilidade para construir en certas parcelas, por pérdida de edificabilidad en parcelas. (con repercusión directa sobre la viabilidad de construir en ciertas parcelas).

Con respecto á área de As Samasas Ameijide indicou que “obsérvase un criterio intervencionista que persigue homoxeneizar esta intervención deixando unha rasante única o que suporá arrasar coa orografía natural do terreno”. “Se hai un mes tiñamos dúbidas sobre este criterio interpretativo, e agora, temos as mesmas ou se cabe máis” concluía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com