O PP lamenta que se oculten incidentes nos centros sociais e pide mellorar a seguridade

A concelleira popular Macamen López Silva espera que na comisión de mañá o PSOE deixe de ocultar información e asuma “que se pode mellorar a seguridade nos servizos sociais”. A concelleira popular “non comprende o motivo polo que o PSOE nos oculta incidentes cando en documentos oficiais, ou mesmo en queixas de lucenses delátanse os problemas derivados dunha falta de control nos servizos sociais”.

A concelleira popular destaca unha incidencia ocorrida en agosto que “desde servizos sociais cualifican de especial gravidade por tratarse dun caso no que unha menor de 4 anos permaneceu durante minutos sen o control dos monitores encargados da súa vixilancia e custodia”. O caso tivo lugar no Uxio Novoneyra cando unha nena quedou no baño sen que ninguén se dese conta da súa ausencia, a menor baixou as escaleiras e chegou á entrada do seu centro ata que unhas veciñas alertaron do incidente. Esta non é a primeira vez que ocorre un incidente deste tipo hai que lembrar que en 2015 un neno escapouse do Maruja Mallo durante case unha hora.

Ante este tipo de sucesos desde o PP pregunta cales son os Protocolos de Actuación que ten o concello para desenvolver de forma segura as actividades socioculturais con menores. Outro exemplo de que o goberno de Lara Méndez “falta á verdade ao dicirnos que non hai queixas por escrito de conflitos en centros sociais cando nun informe policial sobre actuacións levadas a cabo nos centros sociais durante o ano 2021 indícase que no mes de outubro houbo dous roubos de pantallas de computadores no Centro María Balteira”.

Macamen López Silva pide un cambio de actitude do bigobierno e pídelles “que recoñezan os seus erros e deixen de minimizar os problemas que hai nos servizos sociais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com