O PP lamenta que a Taxa de Ocupación de Vía Pública dé a espalda á rehabilitación do casco histórico

O Grupo Municipal Popular trasladou esta mañá a súa queixa á Comisión de Economía, pola forma de presentar “unilateralmente” as propostas das Ordenanzas Fiscais, segundo afirmou a edil popular Isabel Devesa, “parece que o goberno local continúa sen darse conta de que están en minoría” e consideraron un desprezo que non busquen consensos e que non teñan en conta a opnións dos populares en canto a convocar a Mesa de Traballo das Ordenanzas Fiscais.

Devesa puntualizaba que tanto Intervención como o Tribunal económico puxeron de manifesto que a análise do expedente do proxecto de ordenanzas, “realizase con caracter de mínimos debido á urxencia da convocatoria da Xunta do Goberno local que deu luz verde á ordenanza”.

A edil popular lamentou que na modificación das Taxas por Aproveitamentos Especiais da Vía Pública non se incluan medidas relativas a fomentar a rehabilitación do casco histórico “

Nese sentido, Devesa criticou que non se avanzara na revisión que reclamou o PP, de forma reiterada, das categorías fiscais das vías públicas de Lugo recordando que “se paga por colocación de elementos auxiliares según a categoría fiscal da rúa onde se realicen os traballos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com