O PP lanza un aviso a Sánchez: “Non permitiremos que trate a Galicia como se fora autonomía de segunda”

Os deputados e senadores do PP pola provincia de Lugo abordaron esta mañá en rolda de prensa, por boca de Jaime de Olano e de José Manuel Barreiro, algúns aspectos da actualidade nacional e apuntaron algunhas das máis recentes iniciativas para defender os intereses de Galicia, en xeral, e da provincia lucense en particular. Os populares deixaron claro que tanto no proceso de debate dos orzamentos xerais do Estado como nos demais asuntos non permitirán “que o Goberno de Pedro Sánchez intente converter a Galicia en comunidade de segunda categoría”.

O deputado nacional e vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, lanzou unha dura crítica ao Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez ao fío da presentación do teito de gasto para 2020-2021, que é a primera fase para a aprobación dos presupostos xerais do Estado. Á vista dos datos ofrecidos polo Goberno, Olano di que o PP sinte aínda más preocupación e unha maior decepción. Sinalou que “hay unha evidente baixada de brazos por parte do Goberno do señor Sánchez, tanto no que se refire á renuncia a seguir creando emprego como á renuncia ao crecemento económico”. Dixo que se anuncian uns presupostos “con máis gasto, máis gasto e máis gasto, cunha subida de impuestos de 7.000 millóns”.

De Olano ve a Sánchez “entregado aos independentistas”, incluída “a mesa da vergoña”. De Olano lamentou que o Goberno só teña interese en negociar as cuestións orzamentarias cos independentistas, “pese á man tendida por Pablo Casado para conformar as grandes contas nacionais para o próximo exercicio”. Os populares sospeitan que o proxecto de orzamentos será moi parecido ao que os socialistas intentaron aprobar en 2019, nos que se programaba un grande incremento da inversión en Cataluña mentres se castigaba a Galicia cun recorte do 20%. O mesmo deputado avisa de que o PP oporase con total firmeza a creación dunha España de primeira e unha España de segunda, e, en todo caso, rexeitará con rotundidade calquera intento de converter a Galicia en autonomía de segunda.

“Non pedimos que se nos adxudique máis que a outras comunidades, pero tampouco pasaremos porque se non conceda menos que a calquera outra”. Nesta liña, Jaime de Olano volveu a reclamar do Goberno que pague a Galicia os 200 millóns que lle adebeda polo IVE de 2017 e os 170 millóns de incentivos correspondentes ao bo comportamento fiscal dos anos 2017 e 2018.

Pola súa banda o senador José Manuel Barreiro declarou que o seu partido presentou “unha iniciativa no Senado para a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) na Comisaría de Lugo, que viría a paliar as carencias que sofre a nosa comisaría”.

“Ao longo do debate na comisión correspondente esixiremos que o Goberno execute esta iniciativa”, engadiu o senador quen sinalou que “tamén debatemos no pleno da semana pasada unha interpelación á ministra de Industria: preguntámoslle acerca da situación do estatuto das empresas electrointensivas. A resposta da ministra non fixo máis que incrementar a nosa preocupación polo futuro de Alcoa e outras empresas que están sometidas ao citado estatuto. E isto lévanos a presentar a próxima semana unha moción no pleno para que o Goberno teña en conta as alegacións que, lideradas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foron apoiadas polos gobernos de Asturias e Cantabria; en definitiva, que se corrixan as carencias que presenta o estatuto, que, co seu actual contido, non dá solución ao futuro destas empresas”.

O senador José Manuel Barreiro anunciou que no pleno da próxima semana presentará unha interpelación ao Ministerio de Fomento para que informe de como se atopan as infraestruturas viarias na provincia de Lugo. “As respostas que escoitamos nos últimos días son alarmantes; imos esixir que se cumpran os prazos que estaban previstos, que foron explicitados polo ministro Íñigo de la Serna, xunto co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e que están recollidos no último orzamento, actualmente aínda vixente, elaborado por Goberno presidido por Mariano Rajoy”.

Novas relacionadas

  1. Maria Aurora Barreir
    Feb 28, 2020 - 03:57 PM

    @PPdeLugo Ben dito así se fala 👏👏👏👏💙💙💙💙💙

    Reply
  2. Maria Aurora Barreir
    Feb 28, 2020 - 02:34 PM

    @PPdeLugo Así se fala 👏👏👏👏👏👏

    Reply
  3. Luis Díaz
    Feb 28, 2020 - 01:40 PM

    Xa verá, xa, cando lle manden como “aviso” a Marcial Dorado

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com