O PP lucense participa hoxe na manifestación de Madrid en defensa do rural

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide, xunto cos concelleiros Rafael Pérez, Óscar Poy e Mar Carballas, viaxan hoxe con gandeiros e labregos do municipio de Lugo “para sumarse á manifestación que terá lugar en Madrid en apoio ao rural, e para sinalar que “a zona rural cos socialistas está marxinada e olvidada”.

Os populares defenden a necesidade de involucrarse cun sector “importantísimo e con grande peso no noso municipio” engadindo que “queremos estar preto dos veciños e veciñas das 54 parroquias de Lugo”. “De feito, esta viaxe a Madrid para participar na manifestación do 20M Rural é unha forma de reflexar que estamos con todos eles e que apoiamos as súas reinvindicacións”.

Para os populares “a decepción da veciñanza da zona rural tanto co xefe de filas da alcaldesa, Pedro Sánchez, como coa propia rexedora é total”. No ámbito municipal consideran “un despropósito que, a estas alturas, e tras 22 anos sega sen estar aprobado o 5% do PXOM bloqueando a concesión de licenzas para incrementar o asentamento de poboación”. “Esta non é a única problemática que frea, no municipio de Lugo, o desenvolvemento das nosas parroquias insistindo en que é necesaria unha mellora de servizos así como o saneamento e o abastecemento”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com