O Grupo Municipal do Partido Popular asegura que os veciños do Concello de Lugo confirman as queixas remitidas dende o seu grupo no relacionado co transporte urbano. “Nas queixas remitidas á Comisión de Queixas e Suxestións confírmase que os veciños non están de acordo co actual deseño das liñas de transporte urbano e tampouco co novo deseño que se quere implantar”, aseguran os populares nun comunicado.
Con anterioridade, o Grupo Municipal do Partido Popular, denunciou que o Concello non podía deixar sen este servizo a parroquias do rural como Muxa, que quedan sen transporte urbano. Pero ademáis, afirman que “os veciños tamén denuncian que co novo deseño moitos rapaces terán dificultades para chegar aos centros escolares a tempo de comezar as clases xa que verán reducidas as frecuencias de paso e tamén as liñas que pasan polas súas paradas”.
No comunicado remitido aos medios de comunicación o Grupo Municipal Popular defende que se ven na obriga de denunciar a “pouca sensibilidade do goberno local cun tema tan importante para a cidadanía como é a movilidade en transporte público, algo de vital importancia para moitos cidadáns que ven no novo deseño unha barreira máis para moverse con liberdade pola cidade”.
O PP pide ao equipo de Lara Méndez que teña en conta as suxestións non só da oposición, senón tamén dos propios veciños.
Cheques material escolar
Ademáis, o PP municipal asegura que chegou, á comisión de queixas do Concello de Lugo, a reclamación dun libreiro que aínda agarda dende o pasado novembro, a que o equipo de goberno lle ingrese as cantidades correspondentes aos vales de material escolar, feito que os populares consideran “como unha falta grave de respeto hacia os empresarios do sector polo que pedimos ao goberno que execute os pagos pendentes neste eido”.