O PP municipal lamenta que o Concello “torpedee” a Comisión do Garañón

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o goberno local torpedee o funcionamiento da segunda reunión da Comisión do Garañón que se convocou para este venres e critican a forma “pouco seria e rigorosa” coa que aborda o equipo de goberno unha das cuestiones urbanísticas de Lugo “máis polémicas nas últimas décadas” e que podería acarrear elevados costes para as arcas municipais.

A edil popular, Isabel Devesa, censurou que 48 horas antes da reunión non conste “no expedente ningún documento xurídico nin técnico que valore as propostas que fai tres semanas propuxo o grupo da oposición, para solucionar este problema”.

A concelleira afirmou que “parece que a alcaldesa prefire priorizar os intereses do promotor e non traballar para eliminar as torres das costas do parque”.

Os populares lamentan que se intente “ningunear á oposición  torpedeando” esta Comisión que foi proposta, aseguran, polo Partido Popular, para consensuar unha solución a esta obra que cualifican de “aberración urbanística”. Devesa aclara que lles gustaría que os socialistas reaccionasen e que o venres se poida, dende a Comisión, tomar algunha decisión política baseada en informes xurídicos e técnicos”. Isabel Devesa puntualizou que se trata dun tema de calado e que coas posibles repercusións para as arcas municipais non basta con compromisos verbais e conversacións informais con técnicos municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com