O Grupo Municipal Popular solicita ao goberno local que programe cursos de formación para o persoal municipal sobre como realizar as manobras de Resucitación Cardiopulmonar e sobre como usar os desfibriladores. A edil popular Encarna Amigo manifestou que xunto ás instalacións deportivas, as oficinas do seminario e tamén as da Casa do Concello na Praza Maior, son as dependencias municipais que rexistran un maior número de afluencia de público e por iso ve fundamental estar prevido para actuar de forma correcta en caso de parada extrahospitalaria.
A popular lembrou que a instalación progresiva dos desfibriladores semiautomáticos é un compromiso de pleno de xuño de 2016 e, nese senso, Amigo solicita información dos lugares onde está previsto instalar así como a data na que se colocarán estes aparatos que poden salvar vidas.
Amigo explicou que os primeiros 10 minutos da parada son vitais lamentando que a maior parte da población descoñeza como actuar ante unha situación deste tipo. Por iso os populares insisten en que, antes de instalar este equipamento sanitario en dependencias públicas, “o goberno local se poña en contacto co Servizo de Cardioloxía do Hula co obxeto de pedir a súa colaboración para organizar os Cursos da RCP”