O PP organiza o “Foro Emprende”, que a Xunta destina aos autónomos da provincia

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia; a xefa do servizo de Emprego e Economía Social, Rocío Rebolo Serén; e a xefa territorial da consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández López; manterán mañá xoves un encontro con autónomos da provincia para explicarlles as novas medidas que a Xunta de Galicia levará a cabo en 2017, co fin de potenciar e impulsar a actividade de que este colectivo desenvolve na Comunidade e, en particular, na provincia.

A través desta iniciativa, denominada “Foro Emprende, a máxima dirixente desta formación pretende dar continuidade ao compromiso político asumido no inicio do seu mandato de “achegar o Partido a todos”. Deste xeito, esta actividade engádese “a esta dinámica de escoita activa que vimos levando nos últimos meses con distintos colectivos e sectores, coa finalidade de ser a voz de todos eles e de deseñar políticas que dean unha resposta real e eficaz ás súas demandas, tal e como fixemos a pasada fin de semana co I Congreso Provincial: “A educación no ámbito educativo”, destaca.

O foro desenvolverase no Hotel Méndez Núñez, a partires das 20:30 horas. Ao mesmo foron convidadas distintas entidades relacionadas co tecido empresarial e industrial lucense. É o caso da Confederación de Empresarios de Lugo, da Federación de Comercio, da Asociación de Mulleres Empresarias ou do colectivo de empresarios dos polígonos de O Ceao e As Gándaras.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com