O Grupo Municipal do Partido Popular vén de anunciar que defenderán no vindeiro pleno unha iniciativa para que o Concello inste ás entidades correspondentes para que adopten as medidas necesarias para garantir a prestación dos servizos postais e a súa permanencia no municipio.
O edil popular, Manel López asegurou hoxe que Correos xoga un indubidable papel para contribuír á cohesión social, territorial e económica, a nivel estatal, autonómico e, sobre todo, no ámbito municipal, garantindo a prestación dun servicio público na totalidade dos núcleos de poboación.
O popular sinala que tralos últimos acontecementos vése na obriga de defender esta proposta xa que urxe afrontar, dixo, a cobertura dos postos estructurais suprimidos na unidade de reparto de Lugo, necesarios para ofrecer un servicio de calidade á cidadanía.
Tamén cómpre manter a calidade das condicións laborais, garantindo unha plantilla con suficientes traballadores e traballadoras e que se garantan os compromisos de financiamento que permitan na nosa localidade, cumprindo os parámetros de calidade determinados pola Lei, se asegure que todos os cidadáns reciban o reparto de correspondencia 5 días á semana como se establece na Directiva Postal europea.
Manuel López pon sobre a mesa unha serie de datos que falan ás claras da importancia do servicio postal, que atende a máis de 8.000 municipios, 16 millóns de fogares, 3.2 millóns de empresas e un total de 7.100 puntos de atención no ámbito rural (carteiros/ as rurais e oficinas) e máis de 100.000 quilómetros diarios.