O Partido Popular municipal vén de anunciar unha moción que presentarán no vindeiro pleno. O viceportavoz da agrupación, Enrique Rozas, pedirá que o Concello de Lugo se una ao proceso de comarcalización do parque municipal de bombeiros para, dixo, a mellora do servizo.
A pesar de que a xestión das emerxencias é competencia local, os populares consideran que esta comarcalización permitiría dar cobertura a Concellos pequenos que están cerca do actual parque de bombeiros e que non poden beneficiarse de el como podería ser Outeiro de Rei, Friol ou Begonte. Mocións polo estilo xa se aprobaron en Ourense, Ferrol e Santiago de Compostela cos apoios das Deputacións de Ourense e A Coruña. “Fago esta reflexión porque se trata de administracións gobernadas por catro partidos diferentes, catro partidos que entenderon os beneficios desta medida que vai máis aló das siglas políticas”, afirmou o popular.
O vicevoceiro popular explicou ademáis que a Deputación de Lugo xa votou a favor desta medida no mes de decembro dentro do grupo de traballo para a mellora das emerxencias. Por iso, “cremos” que Lugo non pode quedarse atrás e “necesita” que o Concello aclare “dunha vez a súa postura”. Enrique Rozas afirmou que o cambio non suporía ningún coste para o Concello xa que a “inversión asumiríana ao 50% a Deputación e a Xunta“, polo que os poppulares reclaman que “Lugo non deixe pasar unha oportunidade” da que xa se aproveitaron tres das sete grandes cidades galegas.